agá
agá
(< turco aga ‘xefe, dono, señor’)
s
m
[HIST]
Nome dado polos turcos orientais ao irmán primoxénito e polos otomanos ao señor ou amo. Posteriormente, en Turquía tomou o sentido de xefe militar ou civil. En Alxeria, baixo a administración turca, designou o comandante das tropas da garda do sultán (1659-1671), que era quen realmente gobernaba, deixándolles aos paxás soamente atribucións honoríficas. Baixo a dominación francesa, o seu rango foi superior ao de caíde. O título pasou aos países islámicos orientais.