agá

agá

(< turco aga ‘xefe, dono, señor’)

s m [HIST]

Nome dado polos turcos orientais ao irmán primoxénito e polos otomanos ao señor ou amo. Posteriormente, en Turquía tomou o sentido de xefe militar ou civil. En Alxeria, baixo a administración turca, designou o comandante das tropas da garda do sultán (1659-1671), que era quen realmente gobernaba, deixándolles aos paxás soamente atribucións honoríficas. Baixo a dominación francesa, o seu rango foi superior ao de caíde. O título pasou aos países islámicos orientais.

Palabras veciñas

Afzelius, Arvid August | Ag | aga | agá | Aga | AGA | aga khan