Agaña

Agaña

Capital da illa de Guam (4.785 h [1990]). Nacida no s XVI como centro administrativo das posesións hispánicas do Pacífico occidental, en 1898, trala guerra hispano-norteamericana, pasou á administración dos EE UU. Actualmente é o centro administrativo, comercial e de comunicacións dos territorios norteamericanos nesa área do Pacífico.