Ágape

Ágape
[ONOM]

Nome persoal feminino tomado do substantivo común ágape ‘amor, cariño’. O cristianismo dos primeiros tempos mudaría o seu significado en ‘caridade, amor fraterno’; de feito, os romanos chamábanlles ás súas comidas fraternais ágapes. En Galicia con este nome sobresae unha nobre do s IV, metade fantástica metade simbólica, que espallou na Península as doutrinas gnósticas do exipcio Marcos buscando a conciliación entre a relixión cristiá e a filosofía clásica. A festa de santa Ágape de Antioquía celébrase o 10 de marzo.

Palabras veciñas

aganzuar | ágao | ágape | Ágape | Ágape | agapeta | Agapito