Agassi, André

Agassi, André

Xogador de tenis norteamericano de orixe grega. Debutou no circuíto profesional en 1987 e axiña acadou sona pola súa forma de vestir nas pistas. En 1988 participou por primeira vez en Wimbledon. Malia a súa irregularidade, ao gañar o torneo de Roland Garros en 1999 converteuse no primeiro xogador da era open, e o quinto na historia, en acadar o Grand Slam, é dicir, en vencer nos catro torneos máis importantes do circuíto (obtivo cadanseu triunfo en Wimbledon, no Aberto de Australia, no Aberto de EE UU, e en Roland Garros). Foi o mellor tenista mundial (primeiro na clasificación da ATP) en 1995, durante 30 semanas consecutivas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Laegas, EE UU