Aglaophenia
Aglaophenia
[ANIMAL]
Xénero de pólipos da orde das leptomedusas, que viven en colonias ramificadas en forma de pluma que se atopan en furnas e lugares sombrizos da zona costeira. Estas colonias presentan división de traballo entre os individuos, transformados en gasterozooides, gonozooides, dactilozooides.