aglomeración
(< lat agglomeratione)
-
s
f
Acción de aglomerar ou aglomerarse.
Ex: A aglomeración de materiais provocou un atasco no conduto.
-
s
f
Masa ou conxunto de cousas ou persoas aglomeradas.
Ex: A aglomeración de tanta xente producíame afogo.
-
s
f
[ALIM]
Parte do proceso de instantaneización que permite conseguir, mediante a humidificación controlada, que produtos que forman gromos ao seren engadidos á auga ou ao leite se disolvan facilmente. É o caso de substancias en po como o cacao, o leite deshidratado, o café soluble, etc.
-
s
f
[XEOG]
Conxunto de vivendas compacto e de calquera dimensión. A aglomeración rural é unha unidade de poboación rural agrupada (lugar, aldea); a aglomeración urbana é unha unidade de poboación urbana (vila, cidade). En xeografía urbana resérvase o nome de aglomeración para designar o conxunto formado por unha cidade principal e por outras cidades menores veciñas (Nova York, Gran Bilbao, Golfo Ártabro, Rías Baixas).
-
s
f
[TECNOL]
Acción de reunir partículas de pequenas dimensións, homoxéneas ou heteroxéneas, en masas, máis ou menos compactas, de maior dimensión, sen facelas pasar polo estado líquido. Casos particulares de aglomeración son a granulación, a nodulación, a compactación, a sinterización e, en termos xerais, a extrusión.