aglomerado -da

aglomerado -da

(< aglomerar)

  1. p reg

    de aglomerar.

  2. adx [XEOL]

    Rocha ou depósito que reúne as condicións dun aglomerado.

  3. s m [XEOL]
    1. Rocha clástica (ou detrítica) pouco coherente constituída por fragmentos de rochas anteriores unidos por cemento.

    2. Conxunto non consolidado de materiais piroclásticos (volcánicos) angulosos de máis de 3,2 cm de diámetro.

  4. s m [TECNOL]

    Material resultante dun proceso de aglomeración. Casos particulares de aglomerados son as láminas de partículas ou de fibras, de carbón ou doutros produtos. Poden ser considerados tamén como aglomerados de tipo especial os panos de todas as clases (inclusive papel e cartón), os produtos cerámicos e os metais sintetizados.

    Ex: O moble tiña as portas feitas de aglomerado de madeira.

  5. aglomerado de carbón

    Aglomerado de po de carbón, en forma de ladrillo (utilizado polos ferrocarrís e os barcos de vapor), ou de bólas ou ovoides (empregados nos fogares).

  6. aglomerado de cortiza

    Aglomerado feito cos restos da fabricación de cortizas. A cortiza tritúrase de forma que se converte nun granulado, que é escaldado e aglomerado a presión seguindo procedementos especiais segundo as diversas clases de aglomerado: aglomerado negro, aglomerado branco, aglomerado para discos e aglomerado para tapóns.

Palabras veciñas

aglicona | aglifo -fa | aglomeración | aglomerado -da | aglomerante | aglomerar | aglosia