agonizante

agonizante

(< agonía)

  1. adx

    Que agoniza.

    Ex: Permaneceu agonizante por espazo de dúas horas.

  2. s m [RELIX]

    Relixioso que ten por misión auxiliar os moribundos. Ao comezo do s XIII apareceron en Austria, Hungría e Polonia diversas institucións con esta finalidade, das que a máis antiga parece ser a dos Irmáns da Morte. Contra o final dese mesmo século adoptaron a regra agostiña e comezaron a espallarse por toda Europa. O conxunto de Irmáns da Morte debeu inspirar a fundación da Congregación dos Pais Agonizantes, instituída por Camilo de Lelis en Roma no ano 1586; na actualidade son coñecidos tamén co nome de camilos.

Palabras veciñas

agónico -ca | agonista | agonístico -ca | agonizante | agonizar | ágono -na | agonóteta