agonizante
agonizante
(< agonía)
-
adx
Que agoniza.
Ex: Permaneceu agonizante por espazo de dúas horas.
-
s
m
[RELIX]
Relixioso que ten por misión auxiliar os moribundos. Ao comezo do s XIII apareceron en Austria, Hungría e Polonia diversas institucións con esta finalidade, das que a máis antiga parece ser a dos Irmáns da Morte. Contra o final dese mesmo século adoptaron a regra agostiña e comezaron a espallarse por toda Europa. O conxunto de Irmáns da Morte debeu inspirar a fundación da Congregación dos Pais Agonizantes, instituída por Camilo de Lelis en Roma no ano 1586; na actualidade son coñecidos tamén co nome de camilos.