agonista

agonista

(< agón)

  1. adx [ANAT]

    Músculo que contribúe á realización dun movemento ou acción.

  2. adx [BIOQ]

    Droga, hormona ou substancia transmisora que ten relación de complementariedade cun receptor, para provocar unha resposta.

  3. s [DEP]

    Persoa que practica o deporte da loita.

    Ex: Ese home cando era agonista foi campión do mundo.

  4. s [ESPECT/LIT]

    Na antiga comedia grega aristofánica, diálogo conflitivo entre dous personaxes sobre un tema relevante.

Palabras veciñas

agoniante | agoniar | agónico -ca | agonista | agonístico -ca | agonizante | agonizar