ágono -na

ágono -na
  1. adx

    Que non ten ángulos.

    Ex: É unha superficie completamente ágona.

  2. adx [XEOG]

    Puntos da superficie terrestre sen declinación magnética; unha agulla magnética situada nun punto ágono sinala exactamente o norte xeográfico.

  3. liña ágona [XEOG]

    Liña que une os puntos que non teñen declinación magnética. As liñas ágonas pasan polos puntos nos que coincide un meridiano xeográfico co respectivo meridiano magnético. Son liñas imaxinarias e variables.

Palabras veciñas

agonístico -ca | agonizante | agonizar | ágono -na | agonóteta | agora | Ágora