agora

agora

(

  1. adv

    Nun intre anterior ou posterior do momento concreto.

    Ex: Agora chegou o pai. Agora tomaremos o almorzo. Ata agora.

  2. adv

    No momento presente, actual, neste momento no que estamos.

    Ex: Agora estou lendo este exemplo.

    Sinónimos: arestora.

Frases feitas

  • Agora á noite, colle Marica a roca. Expresión que se utiliza cando alguén decide facer algo pero xa é tarde para levalo a cabo.

  • Agora ben loc conx Introduce unha pequena oposición ou puntualización a algo xa dito. SIN: emporiso, ora ben. Ex: Cólleo ti se queres, agora ben, tes que rematalo.

  • Agora e sempre loc adv Para sempre. Ex: Estarán xuntos agora e sempre.

  • Agora ou nunca loc adv Derradeira oportunidade de facer algo. Ex: Tes que intentar convencelo agora ou nunca.

  • Agora que loc conx Pero. SIN: ora que. Ex: Énchenos de agasallos, agora que traballámoslle moito.

  • Agora si que che foi! Expresión que indica contrariedade.

  • Agora xa foi, Marica non chores. Indica que algo xa non ten remedio porque non se pode volver atrás.

  • De agora en diante. A partir deste momento. Ex: De agora en diante tes que saber o significado desta palabra.

  • Por agora/polo de agora loc conx Ata este momento, pode mudar máis adiante. Ex: Por agora non podemos visitar Saturno.

Palabras veciñas

agonizar | ágono -na | agonóteta | agora | Ágora | ágora | agora