Agra

Agra
  1. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Mondoñedo. Da mesma familia é Agras. As armas dos Agra levan, sobre campo de sinople, unha agra.

  2. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica que remite ao latín agra, plural do neutro *agrum, -i (lat c ager, -i). Este apelido atópase nun documento do ano 1520 referíndose a Fernando d’Agra.

Palabras veciñas

Agra | Agra | Agra | Agra | agra | Agra Romero, María Xosé | Agra Tato, Alfonso