Agra Tato, Alfonso
Actor, actor de dobraxe e presentador de televisión. Comeza a súa andaina teatral co grupo Máscara 17 para logo integrarse en Artello, participando nos diversos espectáculos presentados pola compañía viguesa. Traballou co Centro Dramático Galego en espectáculos como Woyzeck (1984), Os vellos non deben de namorarse (1985), Hamlet (1991), Valle-Inclán 98 (1998) ou O florido pénsil (2011). Como presentador, traballou na Televisión de Galicia e en Televigo.
Actualmente é coñecido polo seu traballo en publicidade, cine e televisión. Destaca o seu papel protagonista no anuncio publicitario de Ratribrom. Entre os seus traballos en televisión destacan Pratos combinados, Terra de Miranda, Serramoura ou Fariña (2018). Do seu traballo no cine destaca Heroína (2005), A esmorga (2014) ou Os fenómenos (2014).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Arzúa