Agra, Xosé Antonio de

Agra, Xosé Antonio de

Escultor de estilo neoclásico. Atribúenselle tallas para o retablo do trascoro da Catedral de Mondoñedo na primeira década do s XIX. Entre as súas obras cómpre destacar a construción do retablo maior de San Xián de Pereiriña (Cee), entre 1837-1841. Tamén realizou as trazas do altar maior de San Martiño de Noia e o de San Francisco e San Xosé do convento noiés.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Noia