Agraz
Agraz
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria de Betanzos. Descende dun cabaleiro que estando ao servizo do Rei Alonso II o Casto foi quen de botar os mouros da Coruña nunha loita desenvolvida nun campo de vides que tiña o froito en agraz (aínda sen madurar), de onde probablemente tomaría o nome. Cabaleiros desta caste foron a Castela no 1246 para axudar a Fernando III o Santo na conquista de Jaén e, nestas terras andaluzas, fundaron outra casa. As súas armas levan, en campo de ouro, dous acios de agraz pendurados dun bacelo de videira con follas da súa cor natural, ao igual ca os cangallos.