agregado -da
(< agregar)
-
p reg
de agregar.
Ex: Unha vez agregados os datos que faltaban, resolveu o problema.
-
adx
Conxunto de cousas homoxéneas que se consideran formando un corpo.
Ex: A masa do albanel é un agregado de area, cemento e auga.
-
s
m
Conxunto ou suma de diferentes cousas ou persoas.
Ex: Todos estes forman un agregado de problemas de física.
-
s
m
Funcionario ou empregado adscrito a un posto ou praza do que non é titular.
Ex: O agregado ten o rango inmediatamente inferior ó catedrático.
-
s
m
[MAR]
Oficial de mariña mercante en período de prácticas para obter o título de piloto.
Ex: Comezaron as prácticas un grupo de agregados da escola náutico-pesqueira.
-
s
m
[MAR]
Mariñeiro que asiste ás manobras de posta do cerco e extracción do peixe do cope.
-
s
m
[PEDAG]
Profesor de bacharelato ou universitario de rango inmediatamente inferior ao de catedrático.
Ex: Hoxe dános clase o agregado de matemáticas.
-
s
m
[POLÍT]
Funcionario adscrito a unha función diplomática que desenvolve as funcións propias da súa especialidade.
Ex: O agregado militar inglés visitou a Illa de Arousa.
-
s
m pl
[ECON]
Magnitudes globais, obtidas a partir dos datos subministrados polas diferentes contas macroeconómicas e correspondentes a conxuntos estatísticos definidos, que permiten calcular as magnitudes globais da actividade económica.
-
s
m
[XEOG]
Aglomeración rural que forma parte dun municipio, dentro do cal pode constituír unha entidade local menor e que depende administrativamente da cabeza ou capital deste.
-
s
m
[XEOG]
Antigo concello unido territorial e administrativamente a outro.
-
s
m
[XEOL]
Rocha clástica, composta por elementos de dimensións grandes ou medianas, unidos entre eles por compresión.
-
s
m
[QUÍM]
Material constituído pola mestura ou xustaposición macroscópica de dous ou máis compoñentes diferentes, que son esencialmente insolubles un no outro. Os agregados poden ser de cinco tipos: estratificados, formados por compoñentes laminares; agregados de partículas; agregados de fibras; agregados de copos (os tres eventualmente cun medio continuo intercalar) e agregados con esqueleto, formados por un medio continuo, con cavidades regularmente distribuídas que enche un segundo material.
-
agregado cristalino
[XEOL]
Agregado no que os elementos reunidos son cristais de pequenas dimensións.
-
agregado cristalino regular
[XEOL]
Asociación de cristais segundo unhas determinadas liñas xeométricas de simetría.
-
análise de agregados
[ARQUEOL]
análise de agregados.
-
agregado diplomático
[POLÍT]
Quen serve na última categoría da carrreira diplomática.
-
agregado monetario
[ECON]
Cuantificación dos medios de pago dun estado (capacidade de compra total), en diversos tipos, segundo o seu grao de liquidez.