agregación
(< agregar)
-
s
f
Acción e efecto de agregar ou agregarse.
Ex: A agregación posterior de probas deu lugar á súa condena.
Confrontacións: unión. -
s
f
[BIOL]
Unión histoxenética de células disociadas.
-
s
f
[ECOL]
Reunión de individuos dunha mesma especie nun territorio reducido.
-
s
f
[MÚS]
Conxunto de sons verticais que, a diferenza do acorde, non están suxeitos a leis harmónicas tradicionais.
-
s
f
[PEDAG]
Categoría do profesor agregado.
-
agregación de leiras
[DER]
Unión dunha ou diversas leiras ou dunha ou diversas partes segregadas de leiras inscritas nunha outra tamén inscrita, sempre que esta represente o quíntuplo daquelas ( agrupación). Nas leis de patrimonio está expresamente prohibida a agregación de soares urbanos para evitar a deturpación dos conxuntos históricos e trazado urbanístico.
-
agregación de municipios
[DER]
Unión dun municipio a outro co que fai linde na súa totalidade ou en parte.
-
agregación plaquetaria
[PAT]
Fase da hemostasia consistente na aglomeración de plaquetas no foco da lesión vascular. Este feito vén desencadeado polo contacto das plaquetas co tecido endotelial.