agreste
agreste
(
-
adx
Pertencente ou propio do campo.
Ex: Nótase que che gusta a vida agreste do cámping.
Sinónimos: campestre, silvestre. -
adx
Sen cultivar, con desniveis ou vexetación abondosa que dificulta o paso.
Ex: Non podemos cultivar o que ti querías, está todo agreste.
Sinónimos: silvestre. -
adx
Que nace e medra de xeito espontáneo.
Ex: Ten unhas plantas agrestes con flores preciosas.
Sinónimos: silvestre. -
adx
Que vive en liberdade na natureza e sen someterse a normas sociais.
Ex: Ten unhas maneiras agrestes que dificultan o trato coa xente.
Sinónimos: salvaxe, silvestre.