Agripa, Marco Vipsanio

Agripa, Marco Vipsanio

Militar e político romano. Dirixiu a campaña contra Sexto Pompeio (segundo fillo de Pompeio o Grande) a quen derrotou en Sicilia (37-36 a C), unha expedición contra os ilirios (35-33 a C) e tomou parte na Batalla de Actium (31 a C). Defendeu a Galia (20-19 a C) das ameazas a que estaba a ser sometida polos xermanos e puxo fin ás guerras cántabras (19 a C). Agripa foi senador, tivo a potestade imperial concedida por Augusto (21 a C) e tribuno (18 a C); así mesmo, a súa influencia sobre Augusto, de quen era o principal conselleiro, estableceu un verdadeiro sistema de correxencia. Tanto Agripa coma os seus fillos Gaio e Lucio, adoptados por Augusto, morreron antes ca o Emperador. Os seus estudios xeográficos están contidos nos posteriores de Estrabón, Mela e Plinio; elaborou un inacabado mapa do mundo que mandou expor Augusto (12 a C) no pórtico de Agripa; ordenou a construción da primeira rede viaria da Galia, con centro en Lión; erixiu catro pórticos, as termas de Roma que levan o seu nome e moitos templos, dos que cómpre salientar o Panteón.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Dalmacia

  • Deceso

    Lugar : Campania