Agro

Agro

Afluente do Limia pola dereita. Nace en Portugal, e entra en Galicia polas Fragas de Escuro Vermello, na parroquia de Venceáns, concello de Entrimo. Pasa pola parroquia de Entrimo e desemboca no lugar da Chan do Barco, na parroquia de Galez, no límite co termo municipal de Lobios, que vén marcado polo Limia.