Agro de Bazán
Agro de Bazán
Adega situada en Tremoedo (Vilanova de Arousa), fundada en 1988, polo conserveiro Manuel Otero. Conta con 13 hectáreas en propiedade e comercializa 300.000 litros de viño ao ano. Embotella viños con etiqueta Grambazán, ámbar e verde, como marca máis popular. Cada unha das etiquetas responde, respectivamente, á primeira e segunda prensada da uva, que é exclusivamente Albariño.