Agro Pontino

Agro Pontino

Territorio do Lacio, na provincia Latina, Italia, entre os montes Lepini e Ausoni e o mar Tirreno (800 km). Antiga albufeira afastada do mar por unhas dunas, converteuse nunha marisma. A partir do ano 1928, procedeuse á desecación da albufeira, actualmente convertida nunha veiga.