Agros, igrexa de San Miguel dos
Agros, igrexa de San Miguel dos
Igrexa situada no concello de Santiago de Compostela, documentada xa desde o s X, cando sufriu a destrución na razzia de Almanzor. A construción actual levantouse no s XVIII seguindo as trazas do arquitecto Melchor de Prado y Mariño, nun estilo neoclásico. A súa fachada amosa a presenza do clasicismo académico. No seu interior consérvase un importante paso procesional do Nazareno, tamén obra de Prado e Mariño.