Águeda

Águeda

Río da Península Ibérica, afluente pola esquerda do Douro (130 km). Nace en Serra de Gata (Salamanca) e atravesa a chaira paleozoica de Zamarra para penetrar na fosa tectónica de Ciudad Rodrigo e desembocar na fronteira entre España e Portugal. Recibe pola esquerda o Touróns.