aguia
(< lat aquĭla)
-
[ANIMAL/ORNIT]
-
s
f
Nome dado a diversas aves da familia dos accipítridos que pertencen principalmente aos xéneros Hieraetus Aquila, Haliaetus, Pithecophaga, Circaetus e Pandion. Son aves de rapina, de grandes dimensións, cun bico moi forte e curvado, a cabeza prominente e cuberta de plumas, coas patas curtas con plumas ata o comezo dos dedos, e as garras moi fortes. As ás son largas e voan a grande altura. Aniñan en árbores ou en riscos e están distribuídas por todo o mundo.
-
aguia albela [port: guincho-da-tainha; cast: culebrera europea; ingl: short-toed eagle] [Circaetus gallicus, Fam dos accipítridos]
Aguia de cabeza grande e arredondada con ollos en posición frontal, semellante a un bufo, e con ás moi anchas e longas de 180 cm de envergadura. A coloración da plumaxe é variable, coas partes inferiores brancas, agás o peito e a gorxa escuros, e as partes superiores castañas. A cola presenta tres franxas negras. Aliméntase case exclusivamente de ofidios e outros réptiles que procura sobre espacios abertos; detectándoos moitas veces quedando inmóbil no aire. Nidifica a partir do mes de marzo en zonas de clima temperado e escasa precipitación do norte de África, sur e leste de Europa e suroeste de Asia. Volve á África subsahariana a partir de agosto. En Galicia está presente en zonas de montaña, especialmente da metade oriental.
-
aguia caudal [port: águia-calçada; cast: aguililla calzada; ingl: booted eagle] [Hieraaetus pennatus, Fam dos accipítridos]
Aguia de 120 cm de envergadura. A coloración da plumaxe pode presentar dúas fases: unha escura e outra, moito máis frecuente, de parte superior castaña clara e inferior case branca coas puntas das ás negras. Aniña en masas arbóreas e caza, principalmente, pequenos vertebrados, en claros e zonas abertas. De distribución paleártica, vive de agosto a abril nas sabanas africanas e desprázase a Europa na época de cría. Na Península Ibérica é frecuente no centro-oeste. En Galicia é rara e queda restrinxida á metade oriental do país.
-
aguia imperial [port: águia-imperial; cast: aguila imperial; ingl: imperial eagle] [Aquila adalberti, Fam dos accipítridos]
Aguia de gran tamaño que acada os 190 cm de envergadura, de plumaxe castaña e co píleo, a caluga e os ombreiros dun branco amarelado. Da histórica presencia desta especie en Marrocos, Portugal e España, pasouse na actualidade a súa restrición ao sueste deste último país. Habita en chairas e arboredo que poden ser de bosque mediterráneo ou devesas.
-
aguia peixeira [port: águia-pesqueira; cast: aguila pescadora; ingl: osprey] [Pandion haliaetus, Fam pandiónidos]
Aguia de 160 cm de envergadura, de plumaxe fortemente contrastada entre a parte superior escura e a inferior branca. Na cabeza presenta unha pequena curupela e un anteface negro. As ás son estreitas e longas, e as patas son de tarsos espidos con dedos curtos e rugosos. Amplamente espallada por todos os continentes, só está ausente nos polos. Na Península Ibérica tense extinguido como aniñadora. En Galicia obsérvanse aves migradoras que aniñan no norte e centro de Europa e invernan en África occidental.
-
aguia perdiceira [port: águia-de-Bonelli; cast: águila-azor perdicera; ingl: Bonelli’s eagle] [Hieraaetus fasciatus, Fam dos accipítridos]
Aguia de 170 cm de envergadura coa parte inferior da plumaxe escura nas ás e branca no peito, e a superior castaña escura. Aniña en cantís e caza en espacios abertos perdices, pombas e coellos. Distribuída no sur e oriente do paleártico, na Península Ibérica atópase fundamentalmente nas serras costeiras mediterráneas e está practicamente extinguida en Galicia e na cornixa cantábrica.
-
aguia real [Aquila chrysaetos, Fam dos accipítridos]
Aguia de gran tamaño que acada os 210 cm de envergadura, de plumaxe escura con dourados na cabeza e na caluga. Aliméntase principalmente de presas de tamaño medio terrícolas e diurnas, destacando entre todas o coello, e tamén pode aproveitar as preas. Amplamente distribuída polo hemisferio norte, na Península Ibérica escasea nas chairas das dúas mesetas, na cornixa cantábrica e na cunca do Guadalquivir. En Galicia habita principalmente nas serras surorientais. Aniña fundamentalmente en cantís.
-
s
f
-
s
f
aguia bicéfala/imperial
[HERÁLD]
Denominación alquimista de diversas substancias, especialmente de substancias sublimadas tales como o cloruro mercurioso ou o cloruro amónico, pero sen bastante uniformidade dun autor a outro. Por exemplo, aguia branca (cloruro mercurioso ou cloruro amónico sublimado), aguia vermella (óxido vermello de mercurio) e aguia voante (mercurio destilado).
-
[NUMIS]
-
Nome xenérico das moedas que levan esta ave de presa.
-
Moeda de ouro dos EE UU que ten o valor de 10 dólares.
-
-
s
f
[RELIX]
Nome xenérico das moedas que levan esta ave de presa.
-
aguia mariña
[ANIMAL/ICT]
Símbolo do evanxelista san Xoán.
-
s
f
[ALQ]
chucho.