Aguia Branca, Orde da
Aguia Branca, Orde da
Orde instituída en Polonia por Ladislau IV, probablemente no 1325, co gallo do casamento do seu fillo Casimiro III con Ana de Lituania. Foi renovada no ano 1713 por Augusto II. No 1813 foi convertida en orde imperial rusa. No 1921 recuperou o rango de orde suprema polaca.