Aguinaldo, Emilio
Aguinaldo, Emilio
Político filipino. No ano 1896 tomou parte no levantamento contra os españois, pero tivo que someterse e asinar no 1897 o pacto de Biac-na bató. Despois da revolución de 1898 presidiu a efémera República Filipina. No ano 1901 fixérono prisioneiro por se resistir aos estadounidenses, cos que colaborara contra España. Durante a Segunda Guerra Mundial organizou un partido fascista filoxaponés, sendo capturado polos norteamericanos no 1945.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Imus -
Deceso
Lugar : Manila