Aguirre y Lecube, José Antonio de

Aguirre y Lecube, José Antonio de

Político vasco. Licenciado en Dereito, presidiu as xuventudes de Acción Católica de Bizkaia. O 14 de abril de 1931, día da proclamación da Segunda República Española, xunto cun grupo de correlixionarios, proclamou a República Vasca, sen repercusión ningunha. Foi deputado das tres lexislaturas da Segunda República, e como alcalde de Getxo presidiu a comisión designada para estruturar o Estatuto de Lizarra. Reflectiu o seu ideario no libro Entre la libertad y la revolución 1930-1935 (1935). Aprobado o Estatuto de Autonomía de Euskadi o 1 de outubro de 1937, foi elixido lehendakari o 7 do mesmo mes. En agosto de 1937 instalouse coa delegación vasca en Barcelona, e en xaneiro de 1939 trasladouse co seu goberno a París. A Segunda Guerra Mundial sorprendeuno no norte de Francia, fuxindo a América nunha peripecia que contou en De Guernica a Nueva York, pasando por Berlín (1943). Regresou a París no 1945, antes de rematar a Segunda Guerra Mundial, onde reorganizou o goberno vasco no exilio, que presidiu ata a fin da súa vida.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Getxo, Bizkaia

  • Deceso

    Lugar : París