Agulla Pizcueta, Xoaquín

Agulla Pizcueta, Xoaquín

Mestre, escritor e deseñador gráfico. Secretario da Asociación de Escritores en Lingua Galega (1985-1987) e colaborador en revistas literarias (Dorna, Carel, Grial) e prensa (A Nosa Terra, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, O Correo Galego). Comeza a súa andaina literaria no 1981 cun libro de poemas titulado Cántigo onde predomina unha temática amorosa que logo xirará cara ao compromiso social no segundo poemario Ensoños de Breila (1982). No 1984, sae do prelo o volume Aquí fican melodías, recompilación da súa produción poética á cal engade os poemarios Folerpas de inverno e Poemas ideográficos, conxunto de poemas inéditos que presentan renovacións no plano formal. Como dramaturgo ten as pezas Era unha vez o mundo do envés (1985) e A Caeira (1985) e unha obra curta inédita titulada O vendedor de estrelas. No eido da narrativa infantil publicou A viaxe alucinante de Peter o cosmonauta (1986), A historia da buguina (1986) e o conto A aldea entristecida.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra