Ahaggar ou Hoggar

Ahaggar ou Hoggar

Macizo montañoso do Sáhara, ao S de Alxeria. É un vello macizo volcánico, duns 450.000 km2, orientado en dirección NO-SL e atravesado polo trópico de Cáncer. O Atakor, núcleo central do macizo, tipicamente volcánico, inclúe o cumio, o Tahat (2.918 m de alt). As temperaturas son extremas e as precipitacións escasas.