Ahidjo, Ahmadou
Ahidjo, Ahmadou
Político camerunés. Ocupou diversos cargos na administración colonial francesa. No ano 1958 foi nomeado presidente do partido pro-francés Union Camerounaise. No 1960, ao proclamarse a independencia, ocupou a presidencia do Estado e do Goberno, cargo para o que foi reelixido sucesivamente cada cinco anos ao se conformar a República Federal do Camerún. Despois de ter gobernado de forma autoritaria, favorecendo o crecemento económico e as inversións occidentais, demitiu no ano 1982. Acusado de organizar un golpe de estado, foi condenado a morte in absentia no ano 1984.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Garoua -
Deceso
Lugar : Dakar