Aios
Aios
Liñaxe descendente dos señores do couto de Aios, no lugar da Lanzada, parroquia de Noalla e actual concello de Sanxenxo. Os de San Tomé do Mar de Cambados, son descendentes de Álvaro de Aios, o primeiro que se acercou a aquel porto, parente achegado e escudeiro de Pedro Enríquez Soutomaior. Brais Antonio de Aios entrou na Orde de Santiago no 1785. No escudo da Torre Vella de San Tomé do Mar aparecían unhas flores de lis e unhas ondas de azur e prata, que testemuñaban o paso por aquel señorío dos Aldán e dos Mariño. Os antigos señores do couto de Aios e da Lanzada carecían de heráldica propia.