Aïr
Aïr
ou Azbine Macizo montañoso do Sáhara meridional, no Níxer, formado por plataformas cristalinas escalonadas, cortadas por grandes barrancos e coroado por volcáns. Está habitado por tuaregs e o principal núcleo de poboación é Agadez.