Aira Barrera, Castor de
Aira Barrera, Castor de
Escritor. Publicou o poema “Os meus lurciños” (1908), onde se ve a influencia de Curros, o poemario Frangullas (1910), conxunto de fábulas e poemas onde mestura a poesía de circunstancia e os seus sentimentos de saudade pola terra e pola mocidade perdida, con versións galegas de poemas de autores clásicos como Cervantes, Calderón ou Manrique. En 1910 en Acción Gallega e na Ilustración Gallega no 1912, publica o relato Cáneba fallida. Tamén en 1912 publicou Amar y sufrir, obra en prosa e verso prologada por Ramiro Vieira Durán. O seu libro Bágoas conxeladas (1916), reúne un conxunto de poemas en lembranza da morte da súa muller. No 1927 sacou do prelo o poemario Facetas, versos en galego e castelán.