Aires da Miña Terra
Aires da Miña Terra
[PUBLIC]
Revista semanal que se publicou en Bos Aires entre o 10 de maio de 1908 e o 25 de xullo de 1909. Fundada e dirixida por Manuel Nóvoa Costoya, nela reproducíronse textos de Pondal, Lamas Carvajal, Curros Enríquez, xunto con escritos de Lugrís Freire, Álvaro Dios Villar, Antonio de la Iglesia e Alberto Camino, entre outros. Contiña información sobre Galicia e notas locais, amais da literatura que tiña unha notable presencia.