Aires da Terra

Aires da Terra
[MÚS]

Grupo fundado no Ferrol ao redor de 1953 por gaiteiros e percusionistas que formaban parte do Real Coro “Toxos e Froles” A súa formación inicial compoñíana Manuel Prieto (gaita), Xosé Martínez (gaita), Mario Montero (tamboril) e Rufino Cuétara (bombo). A súa área de actuación comprendeu a comarca ferrolá estendéndose ata terras de Ortigueira. Trocou varias veces os seus instrumentistas, salvo o gaiteiro Manuel Prieto, director do grupo, e chegou ata comezos da década de 1980 en que desapareceu.