Aistolfo
Aistolfo
Rei longobardo (749). Reemprendeu a política conquistadora de Liutprand e puxo fin á dominación bizantina da Italia setentrional ocupando Rávena. O Papa Estevo II procurou a axuda de Pipino o Breve, que derrotou a Aistolfo obrigándoo a ceder ao pontífice as súas conquistas.