Aix-en-Provence

Aix-en-Provence

Cidade de Provenza, Occitania, no departamento francés de Bouches-du-Rhône (123.842 h [1990]). Núcleo residencial e balneario. Dende 1948 celébrase no verán o Festival de Aix-en-Provence, dedicado á ópera. Antigo poboado gálico, foi conquistado no 123 a C polo procónsul romano C. Sexti Calvi, tomando a denominación de Aquae Sextiae. Foi asolada polos visigodos (445), polos francos, polos longobardos e polos musulmáns (731). Foi arcebispado (s VI). Converteuse en capital do condado e, despois, dos reis de Provenza, das casas de Barcelona e de Anjou. Foi sede do Parlamento Provincial de Provenza dende 1501 ata a Revolución do 1789. O monumento máis importante é a catedral de San Salvador, onde se atopan o baptisterio (s V), o claustro (s XII) e o campanario (ss XIV-XV).