alacrán

alacrán

(<ár al’aqrab ‘escorpión’)

  1. s m [ANIMAL]

    escorpión.

  2. s m [ETN/MIT]

    As crenzas tradicionais fan mortal a picadura do alacrán, o que se reflicte nos versos populares que rezan: “se te morde o alacrán / busca viño e busca pan, / sacerdote e sacristán, / que mañá te enterrarán”.

  3. s m [ANIMAL]

    Nome xenérico de eirugas grandes e peludas.

Refráns

  • Quen do alacrán está picado cóidase medio enterrado.
  • Se te morde un alacrán, xa non comerás máis pan.
  • Se te pica un alacrán, chama crego e sancristán.
  • Se te pica un alacrán, tres días comerás pan.

Palabras veciñas

Alache | alacloro | Alacón | alacrán | Alada | Alagno, Lucrecia de | Alagoas