Alaj

Alaj

Rexión montañosa de Asia central artellada en diversas cadeas que forman parte do Tien-Shan occidental. Constituída por sedimentos cretácicos e terciarios, nos puntos máis altos afloran rochas cristalinas recubertas por xistos. A vertente occidental está cuberta por glaciares e elévase ata os 6.100 m, mentres que a vertente setentrional descende suavemente polo val de Ferghana. O val do río Alaj é unha das mellores rexións de pastoreo do Kirguizistán. Atravésaa a antiga estrada do Pamir polo paso de Taldyk (3.650 m).