Alalia

Alalia
  1. Colonia grega de Córsega, denominada posteriormente Aleria.

  2. Batalla de Alalia

    Enfrontamento naval (535 a C) entre foceos e a coalición formada por cartaxineses e etruscos fronte ás costas orientais de Córsega. Os foceos emigraran en masa cara a occidente, convertendo a colonia de Alalia nun centro de actividade comercial e piratería, o que provocou a unión de etruscos e cartaxineses e o seu enfrontamento cos foceos. Os cartaxineses aproveitaron o desenlace favorable da batalla para se facer coa hexemonía do Mediterráneo occidental, pechando o Estreito de Xibraltar, facéndose co rico comercio con Tartesos.

Palabras veciñas

Alalakh | ALALC | alalia | Alalia | alálico -ca | Alamán, Lucas | Alamania