Alalia
Alalia
-
Colonia grega de Córsega, denominada posteriormente Aleria.
-
Batalla de Alalia
Enfrontamento naval (535 a C) entre foceos e a coalición formada por cartaxineses e etruscos fronte ás costas orientais de Córsega. Os foceos emigraran en masa cara a occidente, convertendo a colonia de Alalia nun centro de actividade comercial e piratería, o que provocou a unión de etruscos e cartaxineses e o seu enfrontamento cos foceos. Os cartaxineses aproveitaron o desenlace favorable da batalla para se facer coa hexemonía do Mediterráneo occidental, pechando o Estreito de Xibraltar, facéndose co rico comercio con Tartesos.