Alamania

Alamania

Rexión habitada polo pobo alamano. Nos ss VII e VIII concéntrase no L do Rin e alto Danubio (ó N do lago de Constanza e ao L de Baviera). No s VI entra a formar parte do Reino Franco (de Borgoña; no s IX de Austrasia, Baviera) e do Imperio Franco-Xermánico. Desaparece no ano 1096 ao ser repartida entre o Zähringen e os Staufen. Nas linguas románicas derivouse dela o nome que designa na actualidade a unha gran parte do que foi o Imperio xermánico (Alemaña).