Alaotra

Alaotra

Lago de orixe tectónica das terras altas do Madagascar oriental a 750 m de altitude. A súa superficie é de 220 km2; ten unha lonxitude de 40 km, unha anchura de 10 km e a súa máxima profundidade é de 102 m. Situado na depresión de Alaotra, que se prolonga cara ao S ata a depresión de Mangoro nun dos elementos estruturais xeolóxico-morfolóxicos máis importantes da illa, desauga no océano Índico polo seu emisario Maniugory.