Alaungpaya
Alaungpaya
Soberano de Birmania (1752-1760). Puxo fin á anarquía que imperaba no país despois da morte de Thalun (1748), dominou os reinos independizados (Aca, 1753; Pegu, 1757) e fundou Rangoon. Invadiu Siam co fin de repoboar as rexións do delta do Irawadi.