alavanco

alavanco
  1. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Especie de pato de superficie na que o macho ten a cabeza e o pescozo verdes cun colar branco, o peito castaño, o corpo cinsento, o peteiro amarelo e as patas alaranxadas; a femia é parda apencada co peteiro pardo alaranxado; os dous presentan espellete de cor morada. É unha ave holoártica que cría en toda Europa. En Galicia é o anátido máis común como aniñador, e reprodúcese en beiramar, cursos fluviais e noutras zonas húmidas como brañas e lagoas. É a raíz de moitas razas domésticas e explótase pola súa carne.

  2. [ANIMAL/ORNIT]

    alavanco negro

Palabras veciñas

Alaungpaya | Álava | Álava, Juan de | alavanco | Alavarría, Carolina | alavés -sa | Alaxa