albarda

albarda

(< ár al-barda’a ou al-barda’â)

s f

Peza ou aparello almofadado de pé redondo que consiste nun coxín cheo de palla, borra ou outros materiais que levan as bestas de carga, colocada no seu lombo e cinguida ao ventre por unhas correas ou cinchas, e sobre o que se colocan os seiróns e distintos elementos.

Ex: Caeu ao chan por levar mal posta a albarda.

Confrontacións

albardón, alforxa, montura

Citas

  • Caeu ao chan por levar mal posta a albarda.

Refráns

  • A burro vello, albarda nova.
  • O oficio do albardeiro é meter palla e sacar diñeiro.
  • Onde vai o burro, vai a albarda.