albardeiro -ra

albardeiro -ra

(< albarda)

  1. s

    Persoa que fabrica ou vende albardas e amaña instrumentos, apeiros ou ferramentas de coiro. Este oficio provén do artesán que facía ou vendía albardas, selas, bastos e outras guarnicións das bestas de carga. Documéntase a partir do s XV.

    Ex: O oficio de albardeiro exérceo un zapateiro da miña aldea.

  2. s

    Persoa mal amañada e vestida de calquera xeito.

    Ex: Tes unha pinta de albardeiro que dás vergonza. O oficio do albardeiro é meter palla e sacar diñeiro. O albardeiro fai de palla diñeiro.

Palabras veciñas

albará | albarda | albardar | albardeiro -ra | albardería | albardón | Albareda i Ramoneda, Anselm